viernes, 10 de junio de 2011

...aínda nos quedaba un lagar moi especial!

Xusto antes de que rematara o concurso, Pablo, o alumno de 5º de Primaria, realizou este fermoso lagar coas suas propias máns.
Dende o grupo de mestres dámoslle as gracias e a noraboa por un traballo moi ben realizado. Aquí temos proba delo:



jueves, 2 de junio de 2011

Rematou o concurso

Unha vez finalizado o concurso de maquetas dos lagares, só nos queda agradecer ás familias, dende todo o conxunto do profesorado, todo o seu esforzo, implicación e dedicación neste marabilloso proxecto.

Aquí temos as imaxes de cómo quedou a entrada do colexio cos 5 lagares presentados:


Último lagar presentado

Aquí temos as imaxes do último lagar presentado chamado " o Lagar de Mario" realizado pola familia de Mario de 2º e Sergio de 3 anos.


viernes, 6 de mayo de 2011

As primeiras maquetas construidas xa están no cole

Dentro do concurso dos lagares, unha das partes consistía en construir unha maqueta dun lagar a escala. O prazo para a presentación das maquetas remata o 31 de Maio.
Queremos agradecer dende o claustro de mestres o apoio e participación tanto dos pais como do persoal non docente neste fermoso e didáctico proxecto.

Aquí tendes as primeiras maquetas:


Maqueta de Jose Antonio (mestre de 2º)


Maqueta realizada pola familia de Marta de 4º


Maqueta realizada pola familia de Alexandra de 2ª


Maqueta realizada pola familia de Alexandra de 2ª

Maqueta realizada polo Sr. Ovidio (o conserxe)

Vista de todos os lagares


miércoles, 13 de abril de 2011

Charla sobre os Lagares

O martes 5 de Abril tivo lugar no salón de actos do colexio a presentación e exposición sobre os lagares. Un dos seus puntos, foi a presentación con Power Point sobre que é un lagar. Aquí a tendes para volver a vela ou para descargala.


View more presentations from Alejandro Varela Raña.


Tamén presenciamos unha obra de teatro moi didáctica:



Para rematar tivemos unha charla con dúas persoas (a señora Blandina e o señor Enrique) que teñen un lagar , ás cales lles agradecemos todo o que nos ensinaron e profundizaron no tema a medida que @s nen@s do cole lles iban preguntando.

viernes, 18 de febrero de 2011

Concurso dos lagares

Dende o CEIP Manuel Bermúdez Couso propoñemos un concurso para que os rapaces elaboren un debuxo sobre os lagares e tamén para que realicen unha maqueta dun lagar.
Aquí tedes as bases do concurso.




Como exemplo da primeira parte do concurso temos este bonito debuxo:


Por último, veremos exemplos de maquetas dun lagar:



A que están xenial?
Pois agora intentao tí, xoga e aprende cos lagares!!!

As partes dun lagar

Aquí vos mostramos unha imaxe onde se aprecian as partes dun lagar, co nome de cada unha elas.